28 de marzo de 2009

Somos 130 socios

O CINECLUB POLEIRO TEN XA 130 SOCIOS

A Asociación Cultural Eliseo Alonso proxecta o próximo xoves, 2 de abril ás 21:30 no auditorio de Goián proxecta La Banda nos visita, do israelí Eran Kolirin, premiada en Cannes.

O reinicio da actividade do cineclub Poleiro foi moi ben acollido.A cifra de 130 socios da unha idea do interés que o cine de calidade desperta no Baixo Miño, unha comarca onde pecharon todolas salas de cine.

Os bonos de socio poden mercarse na entrada do auditorio.

La banda nos visita é unha comedia dramática que conta as desventuras dun grupo de músicos, unha orquestra de policías exipcios, que por un malentendido acaban desorientados nunha cidade israelí no medio do deserto. A rutina diaria dos habitantes do lugar quedará trastocada.
O conflicto de Oriente Medio visto dende as relacións humanas. As diferenzas políticas son superadas pola obrigada convivencia.. Unha delicada historia para que o espectador disfrute de vivencias persoais ben contadas, diálogos intelixentes e gags surrealistas. É a ópera prima do realizador pero recibiu premios en todolos festivais nos que se presentou, Cannes, Montreal, Valladolid, Tokio, Los Ángeles…
Eran Kolirin explica : “fixéronse moitas películas referíndose á cuestión de porque non hai paz pero son poucas as que se fixeron falándonos de porqué precisamos a paz por riba de todo.

5 de marzo de 2009

¡Motor! ¡Acción! O Cineclub Poleiro roda de novo

A Asociación Cultural Eliseo Alonso reinicia a actividade do Cineclub Poleiro o próximo xoves, 5 de marzo, ás 21:00 horas no Auditorio de Goián

O Cineclub Poleiro suspendera as proxeccións a finais de 2005, ó pechar o cine Avenida da Guarda. Durante oito anos citou alí a unha chea de persoas da comarca interesadas no cine. Un punto de encontro cultural que agora se traslada a Goián, o centro xeográfico do Baixo Miño. Sen ningunha sala de cine na comarca, a Asociación Cultural Eliseo Alonso tomou contacto co novo Goberno Municipal de Tomiño para que dotara ó auditorio de Goián de equipo de proxección, son e pantalla, imprescindibles, non só para a nosa actividade. Coa aspiración cumprida inauguramos esta segunda etapa do Cineclub Poleiro. Tódolos primeiros xoves de mes, agás no verán, terán unha cita co cine de calidade en Goián.

PRIMEIRO CICLO ATA XUÑO

A idade da ignorancia, unha comedia do canadense Denys Arcand é a primeira das catro películas elixidas. O 2 de abril proxectaremos A banda nos visita unha comedia dramática dirixida por Eran Kolirin e co producida por Israel e Francia. O 7 de maio Ao outro lado un drama dirixido polo turco Fatih Akin. O ciclo remata o 4 de xuño con Un toque de canela unha comedia dramática do grego Tassos Boulmetis sobre a comida e a vida.

ACTIVIDADE CON APOIO INSTITUCIONAL

Xa están á venta ós bonos de socio. A primeira película é gratis polo que as catro do ciclo custan 6 euros. Este prezo pode manterse porque a actividade está apoiada este ano pola Concellería de Cultura do Concello de Tomiño. Conta tamén co respaldo da Federación de Cineclubes de Galicia e da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual da Presidencia da Xunta de Galicia

A PRIMEIRA CITA

A primeira das películas, A idade da ignorancia remata coa triloxía de Denys Arcand que completan As Invasións Bárbaras e O declive do Imperio Americano. Nesta ocasión o director volve ós seus temas de sempre: a soidade e o amor, focalizados nunha historia que ten como protagonista a un gris funcionario desesperado que evita a realidade imaxinándose a si mesmo como un heroe de aventuras.

3 de febrero de 2009

Memoria do Cineclub Poleiro

O Cineclub Poleiro, que naceu dentro da Asociación Cultural Eliseo Alonso, foi creado en marzo de 1998, aínda que os seus estatutos non se constituíran ata setembro do mesmo ano e a súa inscrición no Rexistro de Cineclubs de Galicia non se fixera efectiva ata marzo do 1999 có número C-43. A partir dese momento integrouse na Federación Galega de Cineclubs.

O Cineclub Poleiro empezou coa mesma finalidade ca propia asociación, a promoción cultural dentro da comarca do Baixo Miño, propoñendo puntos de encontro cultural dentro da comunidade.
Durante sete anos, ata o ano 2005, o Cineclub Poleiro desenvolveu as súas actividades no Cine Avenida da Guarda.

1998: Pranto pola terra amada / Western / O funeral / Full Montty / Kun-dun / Martin H / Fuego

1999: Rompendo as ondas / Limpeza en Seco / Barrio / Estación Central de Brasil / Tango / Meu nome é Joe / Gato negro, gato branco / Solas / Apiñes

2000: Frores doutro mundo / Hoxe comenza todo / Afirma Pereira / Ghost dog / Tres estacions / Unha historia verdadeira / Asfalto / As confesiones de Dr. Sachs

2001: Hanna-bi / Oriente é Oriente / To be or not to be / Nacional 7 / Lista de espera / Bailar na escuridade / Sei quen és / Buffalo'66 / lei de Herodes

2002: Buena vista social club / A cidade está tranquila / A pianista / Kandahar / 9 raiñas / Momentos colaterais 11’09“01 / Elling / Á revolución nun 2CV / Intimidade / A voda do monzón

2003 / Italiano para principiantes / Happy Times / O último tren / Escape to paradise / Punch-Drunk Love / for Columbine / Far from Heaven (Lonxe do Ceo)

2004: Soñadores / In this world / Uzak (Distante) / As invasións bárbaras / The station agent / As mulleres de verdade teñen curvas / O home do tren / Whale Ryder

2005: Um film falado / Machuca / Contra a parede / Camiñar sobre as augas / O Sr.Ibrahim es as flores do Corán.

O noso obxectivo foi achegar ó cine de calidade a unha comarca que durante as últimas decadas comprobou como os cines ían desaparecendo dos seus concellos. Pensamos que a selección das películas que fixemos foi unha boa forma de dar a coñecer unha representación do cine maís actual, lonxe, moitas veces, dos circuitos comercias.

A actividade do cineclub Poleiro rematou forzosamente cando o Cine Avenida da Guarda pechou. Co posterior peche dos cines de Tui, non quedou ningunha sala aberta no Baixo Miño.